Este proxecto componse de varios obradoiros, exposicións e outras actividades, que se desenvolven anualmente en ciclos temáticos cos que se pretende animar á lectura e fomentar o uso da biblioteca facendo dela un espazo aberto e accesible á vez que se aproveita o irmandamento da vila de Camariñas coa vila francesa de La Turballe.
Destinatarios
Público infantil, xuvenil e adultos.
Equipo de organización: Biblioteca Pública Municipal do Concello de Camariñas.
Obxectivos:
Obxectivos xerais:
- Promover a lectura entre nenos e adultos, co fin de fidelizar e incrementar usuarios e o número de préstamos.
- Promover o uso de recursos, materiais e servizos da biblioteca dentro da comunidade.
- Dar a coñecer a cultura francesa, específicamente a da comunidade La Turballe.
- Mostrar a biblioteca como referente lúdico e instrutivo.
Obxectivos específicos:
- Por en valor as diferentes seccións da biblioteca (ciencias sociais, ciencias naturais, gastronomía, tecnoloxía...)
- Potenciar a creatividade e o maxín por medio da lectura.
- Cultivar a identidade local de caracter mariñeiro.
Desenvolvemento:
- Sesións de animación á lectura: tomando como punto de partida un rudimentario relato ilustrado elaborado pola Biblioteca que narra a viaxe do protagonista do proxecto á vila francesa de La turballe, organízanse varias sesións de animación á lectura con diferentes temáticas:
- Primeira sesión: presentación do proxecto
- Segunda sesión: medios de transporte
- Terceira sesión: ciencias
- Cuarta sesión: gastronomía
- Quinta sesión: patrimonio histórico-cultural
- Sexta sesión: diversidade lingüística
- Sétima sesión: arte e cultura
- Oitava sesión: literatura e música
- Exposición de La Turballe: exposición do material elaborado polos participantes nas diferentes sesións e outro material relacionado co proxecto (manualidades, libros de fotografía, agasallos da asociación francesa La Turballe cap Camariñas, folletos, camisetas, chaveiros de nós mariñeiros...)
- O pincel dos berberechos: galería de debuxos elaborados polos alumnos dos centros educactivos de ambas as dúas localidades.
- Os berberechos comen peixe: recompilación de receitas que pretende compartir técnicas culinarias e peculiaridades das dúas localidades irmandadas no tratamento do peixe, co obxectivo de editar un libro no que se recollan todas as achegas.