
Mapa literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal de Vigo "Xosé Neira Vilas"
O Mapa Literario de Vigo é un proxecto que nace dende a Bilioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e co que se quere amosar a importancia da cidade de Vigo dentro da literatura. Trátase da creación dunha páxina web que recolle en forma de liñas de transporte diferentes escenarios que forman parte da trama de libros pertencentes a diferentes tipos de xéneros literarios. O mapa permite a navegación polo mesmo seguindo as diferentes liñas, pero tamén facendo buscas por obras, escenarios ou autores.
"O berberecho rebecho viaxa a La Turballe" Biblioteca Pública Municipal de Camariñas
"O berberecho rebecho viaxa a La Turballe" é un proxecto posto en marcha pola Biblioteca Pública Municipal de Camariñas, que aproveitando o irmandamento entre Camariñas e a localidade francesa de La Turballe pretende dinamizar o uso da biblioteca o seus recursos. Este proxecto resultou gañador do I Premio de Innovación de Bibliotecaria de Galicia 2018.
"Achegando culturas" Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas" de Vigo
Achegando culturas é o proxecto social que a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo e o dispositivo da Fundación Secretariado Gitano nesta cidade levan realizando dende o 2012. Un proxecto no que estas entidades traballan para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo xitano da nosa comunidade.
O proxecto “Biblioteca pública: un lugar donde cabemos todas/os” ten por obxectivo consolidar a biblioteca como punto de referencia cultural, dando resposta a todo tipo de intereses e inquedanzas mediante a adecuación da programación das actividades ás diferentes necesidades dos usuarios e a integración das novas tecnoloxías tanto para a difusión e publicidade como para realización de las actividades.
O proxecto “La biblioteca en la red” ten como obxectivo fomentar a participación dos cidadáns nas actividades culturais da biblioteca, así como estimular a creatividade, o espírito científico e a capacidade crítica. Ademais ten o propósito de participar e colaborar nas actividades relacionadas coa lectura e a cultura que ofrezan outras entidades ou asociacións.
O proxecto “Contigo somos más biblioteca pública” ten como obxectivo que a biblioteca e a comunidade estreiten os seus vínculos a través de actividades de animación á lectura, formación, dinamización cultural e integración social.
“Na Biblioteca”. Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre” de Ortigueira
O proxecto “Na Biblioteca” baséase na realización de ciclos de actividades semanais diversas orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A biblioteca traballa coas lecturas correspondentes a cada temática que cambia mensualmente.
“Lecturas refrescantes”. Biblioteca Central Rialeda de Oleiros
“Lecturas refrescantes” presenta unha programacións anual estable de actividades de fomento da lectura dirixidas ao público en xeral, pero tamén específicas para as distintas idades así como a centros de ensino.