
Mapa literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal de Vigo "Xosé Neira Vilas"
O Mapa Literario de Vigo é un proxecto que nace dende a Bilioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e co que se quere amosar a importancia da cidade de Vigo dentro da literatura. Trátase da creación dunha páxina web que recolle en forma de liñas de transporte diferentes escenarios que forman parte da trama de libros pertencentes a diferentes tipos de xéneros literarios. O mapa permite a navegación polo mesmo seguindo as diferentes liñas, pero tamén facendo buscas por obras, escenarios ou autores.
"O berberecho rebecho viaxa a La Turballe" Biblioteca Pública Municipal de Camariñas
"O berberecho rebecho viaxa a La Turballe" é un proxecto posto en marcha pola Biblioteca Pública Municipal de Camariñas, que aproveitando o irmandamento entre Camariñas e a localidade francesa de La Turballe pretende dinamizar o uso da biblioteca o seus recursos. Este proxecto resultou gañador do I Premio de Innovación de Bibliotecaria de Galicia 2018.
"Achegando culturas" Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas" de Vigo
Achegando culturas é o proxecto social que a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo e o dispositivo da Fundación Secretariado Gitano nesta cidade levan realizando dende o 2012. Un proxecto no que estas entidades traballan para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo xitano da nosa comunidade.