Estás nas novas seccións da nosa páxina web, con elas queremos conseguir unha maior cooperación cos e entre os profesionais da Rede abrindo novos canles para compartir experiencias e a participación.
Propoñemos así tres novos espazos.
- Banco de actividades: apartado para compartir diferentes propostas de actividades para realizar nas bibliotecas
- Ideas para a selección bibliográfica: aquí atoparás unha selección de recursos que esperamos sexan de axuda para a selección bibliográfica
- Boas prácticas: espazo onde descubrirás exemplos de boas prácticas realizadas por outras bibliotecas
Esperamos que te animes a participar en eles e que vos sexan da axuda no traballo diario nas bibliotecas.