II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

O II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia ten por obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren.

 

O galardón está dotado cun único premiode 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, e será entregado na II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia que se celebrará o 21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.