II Xornada de bibliotecas públicas de Galicia 2019

Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, organiza a II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta celebrarase o 21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Co lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos, a II Xornada pretende destacar o importante papel que deben desempeñar as bibliotecas como espazos accesibles e integradores das persoas con diversidade funcional.

Os eixes arredor dos que xirarán os relatorios serán:

  • Accesibilidade universal (física, cognitiva e sensorial): fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca.

  • Fondos documentais accesibles: adaptados ás diversas necesidades lectoras e audiovisuais: lectura fácil, lingua de signos, letra grande, linguaxe pictográfica, audiolibros...

  • Servizos integradores: adaptar os servizos tradicionais e proporcionar servizos adaptados a colectivos con discapacidade.

  • Formación do persoal: a importancia de formar o persoal na atención á diversidade.

Logo da boa acollida da primeira edición da Xornada de Bibliotecas Públicas do ano 2018, neste 2019 búscase encamiñar este espazo de reflexión e encontro dos profesionais das bibliotecas galegas cara ás bibliotecas inclusivas. Estas demandan unha necesaria adaptación dos espazos, as coleccións, os servizos e os profesionais para dar resposta aos retos que presenta a sociedade actual.

Como novidade, esta edición acolle experiencias reais que exemplifican os contidos teóricos que se presentan neste encontro.

 

Para poder asistir a esta II Xornada, é preciso inscribirse previamente enchendo o seguinte formulario en liña:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgZ8nTxHHTyczinT0rGtTWA6c71PB-mfp9JORAoJUYUcSpAQ/viewform

 

Este permanecerá aberto desde o 02/10/2019 ás 9.30 h. ata o 16/10/2019 ás 23.59 h. As prazas ofertadas son 170 e cubriranse por orde de inscrición dando prioridade ao persoal bibliotecario das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

 

A Xornada pecharase coa entrega da segunda edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019, posto en marcha pola Xunta de Galicia no 2018.

 

Desenvolvemento da Xornada

 

9.30 – 10.00 h. Acto de apertura

 

10.00 – 10.45 h. O camiño á inclusión e á accesibilidade das persoas con discapacidad

  • Título: Bibliotecas inclusivas e accesibles. Por onde empezo?

  • Relatora: Susana Peix Cruz

 

10.45 – 11.30 h. Accesibilidade: fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca

 

11.30 – 12.00 h. Pausa café

 

12.00- 12:45 h. Fondos documentais accesibles

 

12.45 – 13.45 h. Experiencias

  • Biblioterapia, lecturas saudables: experiencia de colaboración entre bibliotecas públicas e o Servizo Galego de Saúde 

             Jesús Torres Junquera, director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

             Uxía Gutiérrez Couto, coordinadora de BiblioSaúde e bibliotecaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

  • Biblioteca José Hierro (Talavera de la Reina): exemplo de accesibilidade

             Adoración Manzano del Mazo, directora da Biblioteca José Hierro

  • Biblioteca Pública do Estado en Santander-Biblioteca Central de Cantabria: experiencia de colaboración coa ONCE

              Mercedes Muriente Fernández, responsable de Área de Servizos Xerais, Referencia e Investigación da Biblioteca Central de Cantabria

 

14.00 – 16.00 h. Pausa comida

 

16.00 – 16.45 Formación do persoal: formación para a atención á diversidade funcional

 

16.45 – 17.15 h. Experiencias

  • Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa: exemplo de Biblioteca escolar inclusiva

              Isabel Meda Villar, responsable da Biblioteca escolar do Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa

  • Club de lectura fácil da Biblioteca Pública de Ourense: exemplo de integración nas actividades dunha biblioteca

              Pilar Villaverde Souto, técnico de FADEMGA Plena inclusión Galicia

 

17.30 h. Acto de entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019

 

18.00 – 18.30 h. Conclusións e acto de clausura