Programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede, a través do seu catálogo, actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte. O programa consta de dúas convocatorias: unha primeira dirixida aos profesionais da animación para publicar as actividades que ofertan, e unha segunda convocatoria para que os concellos soliciten as actividades que ofrecerán as súas bibliotecas.
Para máis información, podes dirixirte ao noso enderezo de correo electrónico: lercontamoito@xunta.gal