Manual de uso do catálogo para profesionais

Este manual está creado co obxectivo de axudar ao persoal bibliotecario no manexo do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Está especialmente enfocado ás bibliotecas integradas recentemente ou ás que se integrarán proximamente, pero vale de repaso para calquera outra biblioteca. Nel exponse como realizar as funcións principais dunha biblioteca no sistema de xestión bibliotecaria usado polo catálogo actualmente (programa Koha), pero tamén transmítense os procedementos adoptados pola rede.

A información baséase en videotitoriais e está dividida en catro grandes grupos, que logo subdivídense en diferentes funcionalidades a realizar dentro de cada grupo : 

 

Consiste nunha pequena presentación do traballo en rede e do sistema de xestión bibliotecaria.

 

Neste grupo reúnese a información relativa ás descricións dos documentos que figuran na base de datos e os procedementos que se deben seguir para introducilos (catalogar, colgar exemplares), editalos ou imprimirlles etiquetas entre outros.

 

Nestoutro apartado figura a información sobre como xestionar a información realativa ás persoas usuarias das bibliotecas : solicitudes do carné, introdución no programa, edición, impresión de carnés, etc.

 

As xestións refírense ás funcións que se realizan no programa relacionando datos de documentos e de persoas usuarias : préstamos, devolucións, reservas, informes, etc.