AVISOS
31/08/2018
1ª Bolsa Internacional Iberbibliotecas 2018
Logo de Iberbibliotecas
Recordatorio fin de prazo: 2 de setembro de 2018

Lembrámosvos que o prazo da convocatoria da 1ª Bolsa Internacional Iberbibliotecas 2018, remata o vindeiro día 2 de setembro. 

Recordarvos tamén que se trata dun programa de bolsas de mobilidade internacional que ten por obxectivo promover a participación de bibliotecarios e bibliotecarias de bibliotecas públicas, populares ou comunitarias dos países membros do programa Iberbibliotecas, en congresos, seminarios, obradoiros ou outras accións programadas nos diferentes países membros do programa.

Esta primeira convocatoria destínase a apoiar a asistencia e participación de bibliotecarios de cada un dos países membros ao IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que terá lugar en Logroño os días, 28, 29 e 30 de novembro de este ano.

Haberá 10 beneficiarios que gozarán da bolsa, un por cada estado membro de Iberbibliotecas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse empregando o formulario normalizado que está dispoñible na páxina web creada por Iberbibliotecas para esta convocatoria e enviar o formulario ao enderezo de correo electrónico que se indica.

Non deixedes de aproveitar a oportunidade de acada a bolsa e poder acudir así ao Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas.

Animádevos a participar e dádevos presa que remata o prazo!