AVISOS
09/10/2018
I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia
Portada Xornadas Programa Contraportada
As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio

A Consellería de Cultura e Turismo a través do Servizo de Bibliotecas, organizou a I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, que baixo o lema As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio, se celebrou o venres 26 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia

Debido a grande cantidade de solicitudes que se recibiron, e para dar cabida a todos as persoas inscritas, finalmente os relatorios da mañá tiveron lugar no Auditorio 1 do CINC – Centro de Innovación Cultural.

 

 

 

 

Desenvolvemento da Xornada

 

AUDITORIO 1 CINC – CENTRO DE INNOVACIÓN CULTURAL

9.00 – 9.30 h Recollida de acreditacións e acto de apertura

9.30 – 10.30 h Conferencia inaugural

                Título: Haberá bibliotecas dentro de dez anos?

                Relator: José Luís Bueren Gómez-Acebo

10.30 – 11.30 h A biblioteca pública aberta á comunidade con servizos innovadores

                Título: A biblioteca nas nubes

                Relator: José Luis Sánchez Rodríguez

 

MUSEO CENTRO GAIÁS

11.30 – 12.00 h Pausa café

 

AUDITORIO 1 CINC – CENTRO DE INNOVACIÓN CULTURAL

12.00 – 13.00 h O espazo físico na biblioteca pública: espazos flexibles, acolledores e sociais

Título: Transformando bibliotecas, construindo fogares: a calidade no deseño dos espazos bibliotecarios como estratexia para atraer e acoller á comunidade.

Relatora: Isabel Blanco Pardo

13.00 – 14.00 h Innovación dixital nas bibliotecas públicas

Título: A biblioteca do futuro, o futuro da biblioteca

Relator: Julio Alonso Arévalo

 

MUSEO CENTRO GAIÁS

14.00 – 16.00 Pausa comida

 

Durante a tarde celebráronse simultaneamente tres obradoiros máis a presentación dunha experiencia innovadora:

 

EDIFICIO DA BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA

16.00 – 17.30 h Obradoiros participativos e presentación dunha experiencia innovadora

Obradoiro participativo “Servizos innovadores

Sala Off (fronte á entrada da Biblioteca e Arquivo de Galicia)

 

Obradoiro participativo “Configuración de espazos e servizos

Sala 1 (dentro da Biblioteca e Arquivo de Galicia)

 

Obradoiro participativo “Innovación dixital

Sala 2 (dentro da Biblioteca e Arquivo de Galicia)

 

Presentación da experiencia innovadora

           Auditorio Neira Vilas (dentro da Biblioteca e Arquivo de Galicia)

Título: Biblioteca Pública: mentres chega o futuro

Relator: Fernando Juárez Urquijo

 

Para rematar a xornada entregouse o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia como recoñecemento ao labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia, dotado cun único premio de 3000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, que lle foi concedido á Biblioteca Pública Municipal de Camariñas polo seu proxecto O berberecho Rebecho viaxa a La Turballe

 

AUDITORIO NEIRA VILAS (EDIFICIO DA BIBLIOTECA E ARQUIVO DE GALICIA)

17.30 – 18.00 Entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

 

Co acto de entrega do Premio e o acto de clausura que se celebrou seguidamente deuse por concluída a I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.