AVISOS
21/09/2018
Curso As bibliotecas ante o seu futuro
Listaxe provisional de admitidos

Publicamos a listaxe provisional de admitidos no curso "As bibliotecas ante o seu futuro: como conseguir que unha biblioteca teña cada día máis sentido?", que terá lugar entre os días 1 e 28 de outubro a través da plataforma de formación online do Campus CITA FGSR (Fundación Germán Sánchez Ruipérez).

Lembramos que, tal e como se establece nas bases da convocatoria, as persoas que desexen renunciar á realización do curso deberán comunicalo o antes posible coa fin de poder cubrir a praza vacante.