AVISOS
27/09/2018
Curso As bibliotecas ante o seu futuro
Listaxe definitiva de admitidos

Publicamos a listaxe definitiva de admitidos no curso "As bibliotecas ante o seu futuro: como conseguir que unha biblioteca teña cada día máis sentido?", que terá lugar entre os días 1 e 28 de outubro a través da plataforma de formación online do Campus CITA FGSR (Fundación Germán Sánchez Ruipérez).

As persoas admitidas recibirán no enderezo de correo que indicaron na solicitude as instrucións necesarias para realizar o curso.