AVISOS
28/09/2018
Iberbibliotecas: nova convocatoria de cursos
Novembro-Decembro 2018

Iberbibliotecas, o Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, presenta o seu programa de cursos virtuais dirixidos a bibliotecarios públicos dos países e cidades membros para o ano 2018.

Nesta convocatoria ofrecerá 485 plazas repartidas nos seguintes cursos:

  1. Bibliotecas públicas: accións de apoio ao cumprimento dos ODS. A Axenda ONU 2030.
  2. Biblioteca e arquitectura. Análises, diagnose, novos usos e plan de actuación.
  3. Formación de usuarios e alfabetización informacional.
  4. Xestión de materiais especiais e tratamento do libro antigo en bibliotecas.
  5. Xestión de proxectos con PMBOK.
  6. Xestión e preservación do patrimonio dixital.

O prazao de inscrición desta convocatoria remata o vindeiro día 19 de outubro e os cursos comezarán o 12 de novembro.

Podedes consultar toda a información sobre a convocatoria, requisitos, datas e programas dos cursos, na páxina web da convocatoria.