AVISOS
09/10/2018
Premio "Biblioteca pública e compromiso social
Quinta edición

A Fundación Biblioteca Social convoca a quinta edición do premio "Biblioteca pública e compromiso social", abrindo o prazo de presentación dos proxectos ata as 14.00 h do día 14 de decembro deste ano.

O obxectivo do premio é impulsar e dar visibilidade a proxectos de bibliotecas públicas dirixidos a persoas e colectivos que viven situacións de vulnerabilidade ou conflictividade social, e que pretendan paliar os desequilibrios sociais coa súa posta en marcha.

O premio está dotado con 1200 euros e poderá concederse un accésit de 600 euros que deberán destinarse en ambos os dous casos aos proxectos premiados. Ademais, a fundación producirá un vídeo duns 5 minutos de duración sobre o proxecto gañador para facer difusión a través de diversas canles.

Podedes consultar as bases da convocatoria e acceder aos formularios de presentación de candidaturas na páxina web da Fundación Biblioteca Social.

Animádevos a participar!