AVISOS
11/10/2018
Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Comisión de avaliación

O director xeral de Políticas Culturais de acordo co establecido no artigo 15 da Orde do 5 de setembro de 2018 pola que se crea o premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2018, designou aos membros que formarán parte da Comisión de Avaliación, que valorarán os proxectos e boas prácticas presentados segundo os criterios establecidos nas ditas bases do premio.

Comisión de Avaliación.

  • María Cristina Rubal González, subdirectora xeral de Bibliotecas, presidenta
  • Consuelo Meiriño Sánchez, xefa do servizo do Sistema de Bibliotecas, vogal
  • Rosa María Díaz Naya, directora da Biblioteca Pública de Ourense, vogal
  • Alejandra María Mosquera Souto, directora da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, vogal
  • Estefanía Gómez García, técnica da Biblioteca Pública Municipal de Ferrol, vogal
  • Armando Patiño Nimo, bibliotecario da Biblioteca Pública Municipal de Brión, vogal
  • Xoan Manuel Pérez Lijó, secretario de Bamad, vogal
  • Eugenio Santiago Gómez Barreiro, técnico medio de bibliotecas da Subdirección Xeral de Bibliotecas, secretario

Lembrámovos que o prazo de presentación de candidaturas ao Premio estará aberto ata o día 18 deste mes de outubro.