Nacido no ano 1963, é licenciado en Historia Moderna pola Universidade de Salamanca. Traballou na Biblioteca Pública Municipal de Peñaranda (Salamanca), xestionada pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, desde 1989 ata 2004, sendo a persoa encargada do desenvolvemento da colección, as adquisicións e o expurgo. Entre os anos 2004 e 2009 foi responsable dos proxectos de Modernización Administrativa e Tierra de Peñaranda Dixital do municipio de Peñaranda. Durante os anos 2010 a 2012 ocupou o cargo de Adxunto de Proxectos Formativos no CITA da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, encargándose do proxecto DEDOS: Tabletas dixitais na aula, e da organización de eventos formativos para o profesorado, cursos, encontro de Boas Prácticas TIC na Educación, Congreso Educa, PDI, Ordenadores na aula. Desde agosto de 2012, volve ocupar o seu antigo posto como bibliotecario.
Presentará na I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia o relatorio e o obradoiro participativo sobre servizos innovadores
RELATORIO "A Biblioteca pública aberta á comunidade con servizos innovadores".
10.30 - 11.30 Servizos Innovadores en Bibliotecas Públicas Auditorio 1 CINC - Centro de Innovación Cultural
Nos anos 90 coñecimos internet. Rapidamente o adoptamos como un fillo natural da biblioteca. Era o que levábamos tanto tempo esperando. O tempestuoso mundo da información comezaba a mostrarse ao noso alcance, ainda que tivemos que loitar con algún que outro contratempo como aquel esquecido e un tanto ridículo efecto 2000 que amenazou con devolvernos de novo aos inicios do século XX. A aparición de Altavista, Lycos e outro protobuscadores non fixeron saltar as nosas alarmas. Necestiaban un bo período de formación para aprender a facer buscas complexas en aqueles complexos buscadores, e iso, era unha tarefa asequilbe para calquera bibliotecario, habituado a lidiar con peores retos. Ao pouco tempo converteramos a Internet nun alidado do noso servizo de información ao público. Todo discurría por cauces previsibles e xa transitados noutras ocasións: as TIC atraían novos usuarios á biblioteca, Internet convertíase nun servizo cada vez máis demandado, e nós, os bibliotecarios, seguíamos exercendo o papel de sumos sacerdotes da información nun espazo ainda dominado pola Galaxia Gutenberg. As profecías lanzadas polos gurús do MIT sobre a revolución no mundo da comunicación e da información parecían cosa de ciencia ficción e en todo caso non as barruntábamos tan inmediatas como para non poder ser asumidas pola nosa proverbial capacidades de reciclaxe profesional. E entón ocorreu. "Cando creíamos que tiñamos todas as respostas, de súpeto, cambiaron todas as preguntas" Mario Benedetti.
Wikipedia marca o inicio dun novo século, Góogle o inicio dun novo tempo e o Smartphone, o de unha nova era.
E de novo é Benedetti quen nos volve marcar o camiño: "Algunhas cousas do pasado desapareceron pero outras abren unha nova brecha ao futuro e son as que quero rescatar".
OBRADOIRO DE SERVIZOS INNOVADORES.
16.00 a 17.30 h Obradoiros participativos Sala Off (fronte ao Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia)
Estamos asistindo en directo á transformación vertixinosa do mundo tal e como o coñecíamos. Son tempos de cambios, tempos de desorientación pero tamén de grandes oportunidades e de retos para as bibliotecas. Tempos nos que hai que probar, emprender e equivocarse ofrecendo novos servizos para seguir proxectando na sociedade a imaxe da biblioteca como espazo innovador, integrador, motivador e necesario.
No obradoiro daranse a coñecer algunhas actividades sencillas e que poden poñerse en marcha con poucos recursos, e trataremos de imaxinar outras que poidan ser asequibles, inxeniosas e efectivas para levar a cabo desde calquera biblioteca.