AVISOS
16/10/2018
As bibliotecas como laboratorios cidadáns: a biblioteca como plataforma
#bibliotecalab
Medialab Prado 8 de novembro de 2018

A Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria en colaboración con Medialab Prado organiza a xornada As bibliotecas como laboratorios cidadáns: a biblioteca como plataforma.

Esta xornada pretende continuar coa liña de traballo comezada no pasado ano 2017 coa Xornada Makerspaces en bibliotecas públicas, e para iso, este ano 2018 aproveita a presenza en Madrid de David Winberger que foi durante 5 anos codirector do laboratorio de innovación en bibliotecas da Universidade de Harvard e escribiu varios libros adicados a reflexionar sobre "como a internet está cambiando as relacións humanas, a comunicación e o coñecemento e a sociedade". Ademais, é autor do artigo "Libraries as Platforms: Enabling libraries to become community centers of meaning".

A idea desta xornada é abrir un espazo de reflexión en torno á biblioteca como plataforma. As bibliotecas poden incrementar a súa relevancia nun mundo hiperconectado convertíndose en plataformas de encontro que ofrezan ás comunidades nas que se inscriben nun lugar de intercambio e de produción de coñecementos. A biblioteca como plataforma transforma á biblioteca pública nun laboratorio cidadán onde se crean ferramentas e proxectos que serven ás necesidades da comunidade a partir de información accesible a través da biblioteca.

O programa inclúe unha sesión onde se porán as bases para a creación dun grupo de traballo interdisciplinar en torno á innovación en bibliotecas.

Esta actividades realizase en colaboración co Foro da Cultura de Burgos.

No apartado de documentos e ligazóns podedes atopar a ligazón á páxina web da xornada. En breve abrirase o prazo para a inscrición, que será de balde, a través da mesma páxina web das xornadas.

É hora de comezar a construir as bibliotecas do futuro! Animádevos a participar!