AVISOS
16/10/2018
IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas
Bibliotecas públicas
Aberto prazo de inscrición

O comité organizador do IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas abriu o pasado xoves día 11 de outubro o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Congreso.

Co lema Bibliotecas públicas: profesionais para todos os públicos, esta edición do congreso xirará en torno aos profesionais e os públicos a os que atenden. Esta temática abordarase desde varias perspectivas: desde o ámbito da formación (reglada e non reglada), desde os diferentes modelos de xestión nas bibliotecas públicas actuais, e por último, debatirase sobre as accións que poderían levarse a cabo de forma sistematizada para que as nosas bibliotecas e os nosos profesionais ofrezan servizos bibliotecarios adecuados para os diferentes colectivos con necesidades especiais.

O congreso celebrarase os días 28, 29 e 30 de novembro en Logroño, no Riojaforum, e durante eses días os asistentes acudirán a sesións, ponencias, debates, comunicacións e obradoiros nos que se analizará polo miudo a situación dos profesionais das bibliotecas públicas, as oportunidades que existen para a mellora da súa formación e o seu traballo diario, os modelos de xestión das bibliotecas e a atención aos diferentes públicos que acoden a elas.

Toda a información completa e actualizada na páxina web do IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas.

Non perdades a oportunidade de participar!