AVISOS
22/10/2018
Día da Biblioteca
Día da Biblioteca 2018
24 de outubro

O vindeiro 24 de outubro celébrase en España como cada ano, o Día da Biblioteca.

Esta iniciativa posta en marcha no ano 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, pretende dar a coñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o traballo das bibliotecarias e bibliotecarios. Como xa todos saberedes, este día recorda a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

Como todos os anos haberá un acto conmemorativo deste día que este ano terá lugar na Biblioteca Ramón Pérez de Ayala (Oviedo) e que contará coa participación de bibliotecarios, escritores, ilustradores, narradores de historias, editores, profesores, membros da asociación etc.

Desde a Dirección Xeral de Políticas Culturais elaborouse un cartel con motivo desta celebración que podedes ver na imaxe desta nova e que podedes descargar dende o apartado documentos e ligazóns.

Ademais, na Rede de Bibliotecas de Galicia son moitas as actividades que se organizan para celebrar este día. Lembrade que podedes estar informados dos diferentes actos consultando a Axenda Cultural de Galicia.

Felíz día da Biblioteca a todos e a todas!