AVISOS
02/11/2018
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
Mes da ciencia en Galego nas bibliotecas
Ler e vivir a ciencia en galego

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro en todo o mundo, a Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas Bibliotecas".

Durante todo o mes de novembro terán lugar unha serie de actividades nas Bibliotecas Galegas co denominador común da divulgación científica. Obradoiros, contacontos, espectáculos, mostras bibliográficas, charlas, ciclos de cine, co obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O encargado da realización do Manifesto para este ano 2018 foi Luis Navarro, profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Tedes máis información sobre as actividades na Axenda de Cultura de Galicia no Ciclo do Mes da Ciencia.