AVISOS
22/11/2018
Premios de animación á lectura María Moliner 2018
Premios María Moliner
14 bibliotecas galegas entre as 300 seleccionadas

O pasado día 29 de outubro déronse a coñecer os 300 proxectos seleccionados para a concesión dos premios do Concurso de proxectos de Animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50000 habitantes 2018, convocado polo Ministerio de Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Banco Santander, entre os que se atopan 14 bibliotecas galegas.

Dos 546 proxectos presentados este ano, a comisión de valoración seleccionou aos 300 mellores, tendo en conta criterios como a claridade e o interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e a viabilidade do proxecto, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta.

A estas 300 bibliotecas outórgaselles un premio en metálico de 1706 euros.

Ademáis, a comisión de valoración concede tres premios especiais dotados con 10000 euros a aquelas bibliotecas que reciban a maior puntuación e un premio especial de 6000 euros outorgado pola Fundación Banco Santander.

Desde aquí queremos felicitar novamente ás bibliotecas públicas galegas seleccionadas, en especiao ao seu persoal pola súa dedicación e o seu esforzo, e animar a todas as bibliotecas públicas da rede a continuar coa seu incansable traballo.

Parabens!

Podedes consultar toda a información sobre os premios na seguinte ligazón: Premios María Moliner

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS