Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Bibliotecas integrantes

O catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia está formado polos fondos das bibliotecas públicas e especializadas xestionadas pola Xunta de Galicia e dunha parte das bibliotecas públicas municipais da rede. Está dispoñible a través de internet no enderezo https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal, onde se poden consultar os fondos de todas as bibliotecas que o integran e a súa dispoñibilidade.

 

Busca de documentos

O catálogo ofrece diferentes opcións de busca (simple e avanzada)  e permite localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta acoutando a busca a través de diversos datos (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua,...). Ademais, unha vez realizada a busca, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias,...

Tamén permite xestionar un carriño de documentos seleccionados para gardar as descricións, envialas por correo electrónico (para facer isto previamente hai que entrar na conta persoal), descargalas ou imprimilas.

 

Xestións a través do catálogo

A parte das buscas o catálogo ofrece a posibilidade de facer estas xestións :

-Solicitar o carné dalgunha das bibliotecas públicas integradas no catálogo e obter unha clave para a conta persoal. Só as bibliotecas públicas elaboran carnés e ofrecen servizo de préstamo.

Unha vez solicitado o carné, tamén se pode :

    -Consultar o historial de buscas

    -Crear listas privadas con seleccións de documentos do catálogo ou consultar as listas públicas creadas polas bibliotecas

    -Propoñer a compra de obras para incorporalas á colección   

    -Solicitar que modifiquen os seus datos persoais

-Cambiar o contrasinal de acceso

-Colaborar no catálogo enriquecéndoo por medio de comentarios ou etiquetas relativos aos documentos. Estes comentarios ou etiquetas se publican no catálogo unha vez son aprobados por un bibliotecario, pero reflicten a opinión dos lectores e non a das bibliotecas integrantes do catálogo.

*Comentarios. Deben ser claros, concisos e cinguirse ao contido do documento lido. Os criterios para rexeitalos son os seguintes :

-rexeitaranse os comentarios que non se axusten ao destino que se lle dá a este espazo : publicidade, comentarios ou consultas sobre a biblioteca ou os servizos, outro tipo de comentarios non relacionados coa obra etc.

-rexeitaranse os comentarios que non respecten a dignidade das persoas e o principio de non discriminación : contidos racistas, xenófobos, homófobos, sexistas etc.

-rexeitaranse os comentarios que non respecten as normas básicas de convivencia : tons incorrectos e irrespectuosos cos demais, comentarios que empreguen linguaxe insultante, obsceno, ameazante ou que inciten á violencia.

-rexeitaranse os comentarios que conteñan datos persoais

*Etiquetas. Coas etiquetas se crean nubes de etiquetas onde se describen coas propias palabras do lector os temas do contido do documento. Os criterios para rexeitalas son case os mesmos, só que no caso das etiquetas, por ser máis concisas e breves tamén se rexeitarán os termos escritos incorrectamente : erros ortográficos, palabras sen sentido etc.

    -Consultar os préstamos vixentes e os anteriores realizados (1)

-Renovar os préstamos (1)

-Reservar documentos (1)

(1) Para realizar estas xestións é preciso contar co carné físico que lle proporcionarán na biblioteca que escolleu.

 

O catálogo está adaptado para consultarse desde dispositivos móbiles.