AVISOS
14/12/2018
Novidades do Catálogo Ler Conta Moito 2019
Ler Conta Moito
Nova liña de actividades: igualdade entre homes e mulleres e loita contra a violencia de xénero

A Dirección Xeral de Políticas Culturais está ultimando a convocatoria para que as persoas físicas e xurídicas dedicadas á dinamización cultural acheguen as súas propostas de actividades para a configuración do catálogo Ler Conta Moito 2019.

Como novidade, a nova convocatoria incluirá unha nova liña de actividades dedicadas a promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero. Para facilitar o traballo das persoas físicas e xurídicas que desexen formar parte do catálogo, a convocatoria posibilitará incluir ata un máximo de 3 actividades, das cales unha deberá ter como temática central a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.

Nos vindeiros días abrirase a convocatoria, que se poderá consultar no apartado Axudas e Subvencións desta web onde se publicarán as bases da convocatoria, unha ligazón ao formulario de solicitude e toda a información necesaria.