AVISOS
19/12/2018
Catalogo Ler Conta Moito 2019
Ler Conta Moito
Apertura do prazo para presentación de actividades de dinamización

Hoxe día 19 de decembro de 2018 publícase o anuncio de apertura do Catálogo Ler Conta Moito 2019 para a presentación de actividades de dinamización da lectura.

Deixamos á vosa disposición toda a información (anuncio coas bases da convocatoria e anexos) no apartado axudas e subvencións.

Deberase prestar especial atención ás bases da convocatoria, na que hai cambios sustanciais con respecto a convocatorias pasadas. A novidade máis destacada é a inclusión dunha nova liña de actividades que terá como temática a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá día 20 de decembro de 2018 ata o vindeiro día 3 de xaneiro de 2019.

Lembrámosvos que para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Mozilla Firefox ou Google Chrome.