Presentacións dos relatores
Xa están dispoñibles para todo aquel que estea interesado os materiais da I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia que se celebrou o pasado día 26 de outubro.
Atoparedes as presentacións que empregaron os relatores das xornadas no apartado Documentos e ligazóns desta nova, e tamén no apartado da nosa páxina web onde está recollida toda a información do desenvolvemento das xornadas.
Durante a celebración do evento gravouse un video dos relatorios. En canto esté dispoñible colgarémolo xunto ás presentacións e publicaremos un aviso para dar conta da súa dipoñibilidade.