Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, organiza a II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta celebrarase o 21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Co lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos, a II Xornada pretende destacar o importante papel que deben desempeñar as bibliotecas como espazos accesibles e integradores das persoas con diversidade funcional.
Os eixes arredor dos que xirarán os relatorios serán:
-
Accesibilidade universal (física, cognitiva e sensorial): fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca.
-
Fondos documentais accesibles: adaptados ás diversas necesidades lectoras e audiovisuais: lectura fácil, lingua de signos, letra grande, linguaxe pictográfica, audiolibros...
-
Servizos integradores: adaptar os servizos tradicionais e proporcionar servizos adaptados a colectivos con discapacidade.
-
Formación do persoal: a importancia de formar o persoal na atención á diversidade.
Logo da boa acollida da primeira edición da Xornada de Bibliotecas Públicas do ano 2018, neste 2019 búscase encamiñar este espazo de reflexión e encontro dos profesionais das bibliotecas galegas cara ás bibliotecas inclusivas. Estas demandan unha necesaria adaptación dos espazos, as coleccións, os servizos e os profesionais para dar resposta aos retos que presenta a sociedade actual.
Como novidade, esta edición acolle experiencias reais que exemplifican os contidos teóricos que se presentan neste encontro.
Para poder asistir a esta II Xornada, é preciso inscribirse previamente enchendo o seguinte formulario en liña:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgZ8nTxHHTyczinT0rGtTWA6c71PB-mfp9JORAoJUYUcSpAQ/viewform
Este permanecerá aberto desde o 02/10/2019 ás 9.30 h. ata o 16/10/2019 ás 23.59 h. As prazas ofertadas son 170 e cubriranse por orde de inscrición dando prioridade ao persoal bibliotecario das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A Xornada pecharase coa entrega da segunda edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019, posto en marcha pola Xunta de Galicia no 2018.
Desenvolvemento da Xornada
9.30 – 10.00 h. Acto de apertura
10.00 – 10.45 h. O camiño á inclusión e á accesibilidade das persoas con discapacidad
-
Título: Bibliotecas inclusivas e accesibles. Por onde empezo?
-
Relatora: Susana Peix Cruz
10.45 – 11.30 h. Accesibilidade: fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca
-
Título: Bibliotecas inclusivas: accesibilidade desapercibida
-
Relator: Enrique Rovira-Beleta Cuyás
11.30 – 12.00 h. Pausa café
12.00- 12:45 h. Fondos documentais accesibles
-
Título: Ler como somos. Inclusión e diferenza nas coleccións das bibliotecas
-
Relatora: Cristina Ameijeiras Sáiz
12.45 – 13.45 h. Experiencias
-
Biblioterapia, lecturas saudables: experiencia de colaboración entre bibliotecas públicas e o Servizo Galego de Saúde
Jesús Torres Junquera, director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Uxía Gutiérrez Couto, coordinadora de BiblioSaúde e bibliotecaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
-
Biblioteca José Hierro (Talavera de la Reina): exemplo de accesibilidade
Adoración Manzano del Mazo, directora da Biblioteca José Hierro
-
Biblioteca Pública do Estado en Santander-Biblioteca Central de Cantabria: experiencia de colaboración coa ONCE
Mercedes Muriente Fernández, responsable de Área de Servizos Xerais, Referencia e Investigación da Biblioteca Central de Cantabria
14.00 – 16.00 h. Pausa comida
16.00 – 16.45 Formación do persoal: formación para a atención á diversidade funcional
-
Título: Habilidades necesarias do persoal de atención ao público para tratar con persoas con diversidade funcional
-
Relatores: Moisés Lamigueiro Romeo e Mª Dolores Portela León, técnicos de FADEMGA Plena inclusión Galicia
16.45 – 17.15 h. Experiencias
-
Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa: exemplo de Biblioteca escolar inclusiva
Isabel Meda Villar, responsable da Biblioteca escolar do Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa
-
Club de lectura fácil da Biblioteca Pública de Ourense: exemplo de integración nas actividades dunha biblioteca
Pilar Villaverde Souto, técnico de FADEMGA Plena inclusión Galicia
17.30 h. Acto de entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019
18.00 – 18.30 h. Conclusións e acto de clausura