O Servizo do Sistema de Bibliotecas é a unidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dependente da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, que ten como misión dar apoio ás bibliotecas públicas de Galicia, sistematizar a información relativa ás mesmas e xestionar todos aqueles programas que contribúen a fomentar a lectura e mellorar os servizos e as coleccións que ofrecen as bibliotecas públicas galegas á cidadanía.

No seu día a día, este Servizo xestiona a plataforma do libro electrónico GaliciaLe, o programa de actividades Ler Conta Moito e o de mellora das coleccións, o préstamo de libros aos clubs de lectura, as accións formativas dirixidas aos profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, as bolsas de formación, os instrumentos de análise e avaliación destas bibliotecas (estatísticas, censo de bibliotecas e Mapa de bibliotecas públicas de Galicia), o rexistro e integración dos centros na Rede.

07/10/2021

Día da Biblioteca 2021

Conmemoración do Día da Biblioteca

06/10/2021

Xornada profesional de GÁLIX. Desfacendo a Raia VII

Promoción exterior da LIX galega. Estratexias e axentes de mediación

30/09/2021

Convocatoria de dous cursos

Xestión cultural e sector público

Galiciana

Acceso a Galiciana, biblioteca dixital de Galicia

Rexistro da Propiedade Intelectual

Acceso á páxina do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

LOCALIZA A BIBLIOTECA