O Servizo do Sistema de Bibliotecas é a unidade da Consellería de Cultura e Turismo, dependente da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro que ten como misión dar apoio ás bibliotecas públicas de Galicia, sistematizar a información relativa ás mesmas e xestionar todos aqueles programas que contribúen a fomentar a lectura e mellorar os servizos e as coleccións que ofrecen as bibliotecas públicas galegas á cidadanía.

No seu día a día, este Servizo xestiona a plataforma do libro electrónico GaliciaLe, o programa de actividades Ler Conta Moito e o de mellora das coleccións, o préstamo de libros aos clubs de lectura, as accións formativas dirixidas aos profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, as bolsas de formación, os instrumentos de análise e avaliación destas bibliotecas (estatísticas, censo de bibliotecas e Mapa de bibliotecas públicas de Galicia), o rexistro e integración dos centros na Rede.

01/04/2020

Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia

Vídeo promocional sobre o novo autorrexistro de GaliciaLe

25/03/2020

Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia

Adopción de novas medidas durante o estado de alarma

20/03/2020

Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia

Adopción de medidas durante o estado de alarma en GaliciaLe

16/03/2020

Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia

Adopción de medidas durante o estado de alarma

Galiciana

Acceso a Galiciana, biblioteca dixital de Galicia

Rexistro da Propiedade Intelectual

Acceso á páxina do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

LOCALIZA A BIBLIOTECA