O Servizo do Sistema de Bibliotecas é a unidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dependente da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, que ten como misión dar apoio ás bibliotecas públicas de Galicia, sistematizar a información relativa ás mesmas e xestionar todos aqueles programas que contribúen a fomentar a lectura e mellorar os servizos e as coleccións que ofrecen as bibliotecas públicas galegas á cidadanía.

No seu día a día, este Servizo xestiona a plataforma do libro electrónico GaliciaLe, o programa de actividades Ler Conta Moito e o de mellora das coleccións, o préstamo de libros aos clubs de lectura, as accións formativas dirixidas aos profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, as bolsas de formación, os instrumentos de análise e avaliación destas bibliotecas (estatísticas, censo de bibliotecas e Mapa de bibliotecas públicas de Galicia), o rexistro e integración dos centros na Rede.

08/09/2023

Cursos de formación 2023

Publicación da listaxe definitiva "Os novos recunchos da biblioteca. Lectura, tecnoloxía e arte"

29/08/2023

Convocatoria de cursos da EGAP 2023 (segundo semestre)

Convocado un curso dirixido ao persoal bibliotecario da Rede

03/07/2023

Acreditación na cualificación profesional de prestación de servizos bibliotecarios

Procedemento para a obteción da certificación

20/06/2023

O valor social das bibliotecas

Participación na enquisa

Galiciana

Acceso a Galiciana, biblioteca dixital de Galicia

Rexistro da Propiedade Intelectual

Acceso á páxina do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

LOCALIZA A BIBLIOTECA