Publicada, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se convocan as actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública para o primeiro semestre de 2023, entre as que se oferta"Sácalle partido aos datos da túa biblioteca" (presencial, 25 horas).
O seu contido está orientado a comprender a importancia da corrección e fiabilidade dos datos na xestión diaria dos servizos bibliotecarios, como medio para extraer información de calidade, e como instrumento para a toma de decisións sobre os niveis de prestación dos servizos e a planificación estratéxica do futuro.
Obxectivos
- Aclarar conceptos básicos da colección, a súa organización e o seu uso.
- Comprender a importancia da corrección na introdución de datos no sistema de xestión.
- Aprender a extraer e manexar os datos estatísticos.
- Aprender a manexar o formulario de estatísticas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- Mostrar as vantaxes de contar con información para avaliar os niveis de prestación dos servizos bibliotecarios.
- Reflexionar sobre a importancia da recollida e a explotación da información dispoñible.

Datas e horario
17 de abril de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
18 de abril de 09:00 a 14:00 h.
24 de abril de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
25 de abril de 10:00 a 14:00 h.
Destinatarios
Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
Prazas
25
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20/03/2023, ás 23.55 h. A inscrición farase telematicamente a través da "Área de matrícula" da EGAP no seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula