A I Jornada de Bibliotecas Especializadas, que se celebrará o próximo 17 de novembro de 2022 no Auditorio San Marcos da sede do Ministerio de Cultura e Deporte (Madrid) en formato híbrido (presencial e virtual), iniciarase baixo o lema "¿Invisibles? Imprescindibles". Na súa organización interveñen conxuntamente a Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria e a Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Especializadas do Consejo de Cooperación Bibliotecaria e conta coa colaboración da Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación y Museística (FESABID).
A finalidade desta primeira xornada é ser un lugar de encontro dos profesionais e un punto de partida para a realización de encontros sucesivos centrados en temas concretos. Así, os seus obxectivos están orientados a:
- Fomentar o coñecemento e a colaboración co labor da CTC de bibliotecas especializadas.
- Fomentar a visibilidade das bibliotecas especializadas e as redes de bibliotecas especializadas.
- Promover o intercambio de propostas e experiencias entre profesionais das bibliotecas especializadas.
Podes consultar o programa e ampliar información premendo aquí.