Aberto o prazo de envío de solicitudes, ata o día 26 de setembro, para o obradoiro "Uso efectivo de redes sociais en bibliotecas", que ten por obxectivo brindar ferramentas nos aspectos fundamentais para a comprensión, o manexo e a creación de contido para redes sociais en bibliotecas. O curso incluirá temas como teoría comunicativa, hipertextualidad, algoritmos, márketing dixital e abordarase o uso de tres redes sociais: Facebook, Instagram e TikTok.
Para a inscrición é necesario achegar:
- Documento de identificación nacional ou pasaporte.
- Carta de aval e recomendación do responsable superior do centro bibliotecario onde desempeña o seu traballo ou do supervisor do bibliotecario.
- Recensión biográfica de máximo tres follas onde describa a súa traxectoria académica e/ou laboral, así como as razóns polas que se postula á convocatoria de cursos.
Data de inicio: 26 de outubro
Duración: vinte horas (cinco sesións, de dúas horas cada unha, a través de Zoom, e dez horas de traballos extracurriculares).
Toda a información en: www.iberbibliotecas.org/talleres
Formulario de inscrición: Curso Redes sociais – Iberbibliotecas – Formulario