A Secretaría Xeral de Cultura publica o anuncio polo que se informa ás persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á dinamización cultural da renovación e actualización do Catálogo Ler Conta Moito 2021.
De acordo co establecido no punto cuarto do dito anuncio, a Secretaría Xeral de Cultura fai pública a listaxe provisional de admitidos e excluídos e abre un prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio na páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal para que as persoas físicas e xurídicas que figuren na lista poidan emendar as súas solicitudes, enviando a documentación requirida ao enderezo de correo electrónico lercontamoito@xunta.gal