Organizada polo Ateneo Galeguista de Lugo, xoves 27 de xuño

Na citada táboa participarán Dona Rosario Álvarez Blanco, Presidenta do Consello da Cultura Galega; Dona Marilar Jiménez Aleixandre, Tesoureira da Real Academia Galega e Dona Pilar García Negro, ex-parlamentaria autonómica do BNG.

As ponentes falarán de tódalas aquelas mulleres (escritoras, artistas, mecenas, científicas...) que ao longo da Historia contribuíron á valorización da cultura galega.

No Salón de Actos da Biblioteca.

A contribución das mulleres á cultura galega
Conferencia/Mesa redonda
Entrada de balde