Obradoiro de escritura creativa con Andrea Barrera Freije

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web. Lugar: Salón de actos Datas: Martes 10, 17, 24 de novembro Horario: de 18:45 a 20:15 horas O presente Obradoiro de narrativa busca aprender a escribir relatos dun xeito critico e ameno, no que se explican as ferramentas precisas para construir un relato. En “Eu decido a historia”, reflexionaremos sobre que funciona e que non nas lecturas; sobre que libros nos atraen e cales son os elementos narrativos que fan posible isto. Todo para aprender a construír as historias que non nos contaron, os sentimentos que as moven o os actos que as empurran. OBXECTIVOS 1.Aprender a construír un relato 2.Coñecer os elementos narrativos 3.Relacionar ideas a partir das causas e consecuencias 4.Aumentar a comprensión lectora 5.Eliminar medos e inseguridades da lectura cara ao público 6.Desenvolver a capacidade de crítica construtiva Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

Obradoiro
Inscrición previa Entrada de balde