Unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Lugar: salón de actos
Para todos os públicos
Sintoniza o programa de radio “Florencio nas ondas” para coñecer a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano 2022.
Florencio Delgado Gurriarán contribuíu coa súa obra a dignificación de Galicia, e a normalización da nosa fala, nunha época escura. Defendeu o uso da lingua galega, sen complexos, ata desde o exilio.
Asistiremos á recreación dun antigo programa de radio para descubrir unha vida de película, medio espía, medio fuxitivo…
Todo comezou no paraíso máxico de Córgomo, onde as montañas se saúdan.