O Club de lectura de Galicia é un servizo dirixido a promover e facilitar o funcionamento de clubs de lectura nas bibliotecas públicas e outras institucións que utilicen esta ferramenta de fomento da lectura..
Este servizo proporciona apoio e coordinación aos profesionais responsables dos clubs e dótase dun fondo bibliográfico básico común, que se actualiza con continuas incorporacións e se pon a disposición dos clubs a través da Biblioteca de Galicia, que opera como biblioteca de préstamo centralizado.
A tipoloxía destes fondos abarca xéneros diversos como a narrativa, teatro, poesía ou, banda deseñada, sen esquecer os textos de lectura fácil. Conta con títulos en diferentes linguas: galego, castelán, francés, inglés, italiano e portugués; e atende a públicos de todas as idades.
COMO FUNCIONA?
Neste enlace pode consultar as normas de funcionamento.
COMO DARSE DE ALTA?
Para solicitar a alta dun club de lectura, cubra e envíe este formulario achegando esta declaración responsable.
SOLICITUDE DE PRÉSTAMOS
Para solicitar un préstamo do Club de Lectura de Galicia, cubra este formulario.
CATÁLOGO
Aquí pódense consultar todos os fondos do Club. Listas públicas:
-Catálogo de títulos do Club de Lectura de Galicia
-Catálogo de títulos de Lectura Fácil do Club de Lectura de Galicia