

Recompilación de materiais de ciencia en galego
Páxina web na que se ofrece unha selección de materiais de ciencia en galego: blogues, unidades didácticas etc.
eBiblioteca da Galeguidade
Web da Xunta de Galicia que recolle as publicacións sobre a diáspora galega editadas pola propia Xunta. As obras están dispoñibles para a súa lectura en liña e descarga en formato pdf.
Orella Pendella
Esta páxina ten como obxectivo difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os galegos e as galegas do século XXI.
SID: Servicio de Información sobre Discapacidad
Portal xestionado pola Universidad de Salamanca, a través de INICO (Instituto Universitario de Integración en la Comunidad), e a Consejería de servicios sociales de la Junta de Castilla y León. SID forma parte de REDID (Red Española de Información sobre Discapacidad). Recolle novas, lexislación, información sobre prestacións etc. sobre esta temática.
Discapnet: el portal de las personas con discapacidad
Iniciativa para fomentar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, cofinanciada pola Fundación ONCE e Technosite. Recolle recursos sobre discapacidade agrupados por áreas temáticas: dereito, educación, saúde, tecnoloxía, accesibilidade. Inclúe un canal junior e outro sénior, novas...
Titorial de Internet básico e correo electrónico
Titorial elaborado pola Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina que inclúe as nocións básicas de Internet e correo electrónico, así como unha selección de recursos gratuítos dispoñibles en Internet.
Contidos educativos
Web do Ministerio de Educación y Formación Profesional que contén unha selección de recursos educativos para todos os niveis: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.
Titorial de ofimática básica
Titorial elaborado pola Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina para iniciarse no manexo do ordenador. Inclúe nocións básicas sobre programas ofimáticos e manexo do rato, así como unha selección de recursos gratuítos dispoñibles na Internet.
Biblioteca de Literatura Infantil y Juvenil da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Biblioteca dixital de autoras e autores españois e hispanoamericanos de obras infantís e xuvenís, revistas, contos, bibliotecas de autor, fonoteca de obras clásicas, obradoiros, ligazóns institucionais... dirixido ao mundo da educación, edición, formación e investigación.
Skool.es
Páxina web que recolle contidos sobre ciencia dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, profesorado, pais e nais. Conta co apoio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Universidad de Salamanca.