Coa finalidade de favorecer e promover o desenrolo e a mellora das condicións das bibliotecas e dos seus servizos, o Consello de Cooperación Bibliotecaria impulsa o establecemento de plans e a avaliación dos mesmos.
Integran este Consello: o pleno, a comisión permanente, as comisións técnicas de cooperación (CTC) e os grupos de traballo constituídos no seo de cada CTC. Estes grupos de traballo desenvolven unha ampla actividade coa elaboración de pautas, documentos de traballo etc. no eido dos servizos bibliotecarios, as novas tecnoloxías, as coleccións...