Taboleiro Ofrecemos.bib

Resultados 1 a 1 de 1
20/01/2016

Libros da editorial meettok

Editorial meettok a través do Servizo do Sistema de Bibliotecas

Coleccións
Doazón

A través do taboleiro ofrecemos.bib, o Servizo do Sistema de Bibliotecas proporciona ás bibliotecas públicas galegas  unha canle para compartir e/ou donar recursos materiais como mobiliario, equipamento informático, paneis de exposicións, coleccións e calquera outro obxecto ou elemento que desexen aportar para outras bibliotecas.

Este espazo é un taboleiro que serve para difundir as ofertas. Os intercambios, cesións, doazóns etc. realizaranse entre as bibliotecas (a ofertante e a peticionaria) e serán elas as que acorden as condicións e termos.

Para un mellor funcionamento desta ferramenta, cómpre que o anunciante cubra o campo “Descrición” cunha breve explicación sobre o recurso que oferta, as características do mesmo (tamaño no caso de mobiliario, modelo e sistema operativo se se trata de equipamento informático etc) e as posibles condicións. Así mesmo, recomendamos achegar imaxes para que os peticionarios poidan visualizar previamente o estado dos materiais.