Como solicitar o recoñecemento de Biblioteca de Especial Interese para Galicia?
Os titulares das bibliotecas deben dirixir unha instancia a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, cubrindo o formulario CT230A "Rexistro de Bibliotecas de Galicia" ao conselleiro competente en materia de Cultura, marcando a caixa "Biblioteca Especial" e facendo constar en "Observacións" as consideracións que estimen que xustifiquen o recoñocemento como biblioteca de especial interese para Galicia.
A instancia presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de galicia (https://sede.xunta.gal) de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
O recoñecemento realizarase mediante orde da consellería competente, logo do estudo e proposta dos servizos da nomeada consellería.