Que hai que facer se se amplía ou reinstala unha biblioteca ou axencia de lectura municipal xa integrada na Rede?
Nos casos de ampliación ou reinstalación dunha biblioteca ou axencia de lectura, débese dirixir unha instancia a través da sede electrónica da Xunta de Galicia cubrindo o formulario CT230C "Creación de novos servizos de lectura" á consellería competente na materia de cultura, acompañada da seguinte documentación:
- Plano do local
- Informe das obras que se pretendan realizar
Non será necesario a sinatura dun novo convenio nin a creación formal dun novo servizo bibliotecario mediante unha orde do/da conselleiro/a competente en materia de cultura.
A instancia presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de galicia (https://sede.xunta.gal) de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)