Diplomada en Biblioteconomía e Documentación pola UB, Postgrado en Accesibilidade e Deseño para todas as persoas pola UIC e Máster de Accesibilidade para Smart City pola UJA e a ONCE. Conta co título Fondos bibliográficos inclusivos pola UEMC e con formación en Lingua de Signos, Lectura Fácil e Saúde mental. Forma parte del equipo de traballo do proxecto "Biblioteques Inclusives" impulsado polo Servei de Biblioteques de la Generalitat de Cataluña. É escritora de literatura infantil e xuvenil, dirixe un programa de radio dedicado á LIX e, recentemente, publicou o manual Lectura i discapacitat: Què, qui i com.
RELATORIO Bibliotecas inclusivas e accesibles. Por onde empezo?
10.00 – 10.45 h. O camiño á inclusión e á accesibilidade das persoas con discapacidade
(Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural)
Que é unha biblioteca inclusiva? E unha biblioteca accesible? Por que as bibliotecas deberían ser accesibles? Que podo facer para que a miña biblioteca o sexa? E sobre todo, por onde empezo?
O camino á inclusión e á accesibilidade do colectivo de persoas con discapacidade nas bibliotecas é longo pero non imposible e está nas nosas mans inicialo. Desde catro eixos fundamentais que forman a cadea de accesibilidade (arquitectura, servizos e actividades, fondos documentais y formación do persoal), sentaranse as bases da accesibilidade na biblioteca pública.