Neste apartado podes ver os vídeos que explican as funcionalidades que describimos embaixo :
-2. Como buscar documentos coa busca simple.
Explicación de como buscar documentos en toda a base de datos por medio dunha busca simple ou busca no catálogo. Medio de busca necesario para facer comprobacións antes de introducir un documento novo no catálogo.
-3. Como buscar documentos coa busca avanzada.
Descrición de como usar a busca avanzada, a máis apropiada cando facemos buscas na nosa biblioteca, posto que o sistema limita a busca por defecto pola nosa biblioteca.
-4. Como buscar exemplares.
Explícase como facer unha busca dun exemplar concreto polo código de barras ou de como limitar as buscas filtrando polos valores dos diferentes campos de exemplares.
-5. Como colgar exemplares.
No vídeo explícase o procedemento para colgar o noso exemplar dunha descrición (rexistro bibliográfico) que xa existe no catálogo da rede. Este vídeo compleméntase cos dous posteriores de Como cubrir a folla de traballo de exemplares (parte 1 e 2).
-Como cubrir a folla de traballo de exemplares. 6. Parte 1 e 7. Parte 2.
Descríbese con detalle a información que se debe consignar en cada subcampo da folla de traballo de formato MARC de exemplares. Como material de apoio úsase o documento achegado desde o Servizo : Folla de traballo de exemplares, do que figura ligazón máis abaixo no apartado de Documentos e ligazóns.
-8. Como xestionar exemplares.
Neste vídeo ofrécense explicacións de como :
- Modificar un rexistro de exemplar
- Duplicar exemplares
- Borrar exemplares
- Mover (trasladar ou adxuntar) exemplares dun rexistro bibliográfico a outro.
-9. Como capturar catalogacións.
Cando o documento que queremos introducir no catálogo non se atopa xa descrito na base de datos, podemos facer unha captura da súa descrición noutros servidores de bibliotecas externas por medio do protocolo Z39.50, isto evitaranos ter que cubrir tódolos campos MARC da folla de traballo de catalogación BM, aínda que si teremos que revisar os datos capturados. O documento de apoio chamado Folla de traballo de catalogación BM está dispoñible na ligazón de máis abaixo no apartado de Documentos e ligazóns. Neste apartado tamén se pode consultar o Procedemento para subir portadas aos rexistros bibliográficos e como proceder se a portada é errónea. Para ter máis información sobre os procedementos de catalogación da rede podes consultar os Manuais de procedemento de catalogación da rede.
-Como catalogar documentos. 10. Parte 1 e 11. Parte 2.
As explicacións deste vídeo están destinadas a bibliotecas que usan os permisos BM e baséanse no documento de apoio chamado Folla de traballo de catalogación BM (ver ligazón máis abaixo no apartado de Documentos e ligazóns), que achega instrucións do que debe incluírse en cada campo MARC da folla de traballo de catalogación BM e como debe facerse. Neste apartado tamén se pode consultar o Procedemento para subir portadas aos rexistros bibliográficos e como proceder se a portada é errónea. Para ter máis información sobre os procedementos de catalogación da rede podes consultar os Manuais de procedemento de catalogación da rede.
-12. Como tratar rexistros ocultos : trasladar item.
No proceso de migración faise unha comprobación para saber se os bibliográficos da biblioteca que se integra atópanse xa no catálogo da rede, se non están incorpóranse ao catálogo, pero antes de facelo fáiselles un control de calidade. Se o bibliográfico non o pasa, intégrase igualmente no catálogo, pero só se visualizará na intranet, os usuarios non o poderán ver desde o OPAC, é dicir, quedará oculto. Estando oculto non se poderá saber se a biblioteca dispón dese título, nin se está prestado ou dispoñible nese momento, polo que é conveniente solucionar estes casos. O primeiro paso consiste en comprobar (co documento na man) se hai unha descrición idéntica e de calidade para o noso documento, se a houbera só teriamos que adxuntar o noso item (trasladalo) para esa descrición. Esta solución é a que se explica neste vídeo. O Procedemento de rexistros ocultos está dispoñible tamén en pdf na ligazón de máis abaixo no apartado de Documentos e ligazóns).
-13. Como tratar rexistros ocultos : corrixir catalogación.
Nestoutro vídeo exponse o segundo paso para solucionar os rexistros ocultos. Se na comprobación anterior, buscando no catálogo unha descrición idéntica e de calidade para o noso documento, vemos que non hai ningunha, entón teriamos que corrixir este rexistro oculto e despois poñelo visible. O Procedemento de rexistros ocultos está dispoñible tamén en pdf na ligazón de máis abaixo no apartado de Documentos e ligazóns).
-14. Como imprimir códigos de barras autonuméricos.
Titorial sobre como se poden tirar desde Koha códigos de barras para poñerlles aos documentos novos. Recoméndase pegar estes códigos en canto o documento se incorpora á biblioteca, logo se introducirá no catálogo con este número xa asignado. Os códigos de barras identifican univocamente cada exemplar de cada biblioteca, serán estes os que se usen para facer os préstamos, as devolucións, as reservas...
-15. Como imprimir códigos de barras Non autonuméricos.
Refírese aos códigos de barras de documentos que xa están incorporados no catálogo e xa teñen un número asignado. Será necesario facer lotes de etiquetas para imprimilos de novo cando se estraguen, tamén deben usar esta opción as bibliotecas que se integran no catálogo por migración e non teñen as etiquetas dalgúns exemplares migrados (obras en varios volumes, últimos catalogados no sistema anterior dos que non teñen etiquetas achegadas por outro medio).
-16. Como imprimir sinaturas.
Este titorial achega instrucións de como imprimir dende o programa as etiquetas coas sinaturas que poñemos no lombo dos documentos.