O Servizo do Sistema de Bibliotecas é a unidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dependente da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, que ten como misión dar apoio ás bibliotecas públicas de Galicia, sistematizar a información relativa ás mesmas e xestionar todos aqueles programas que contribúen a fomentar a lectura e mellorar os servizos e as coleccións que ofrecen as bibliotecas públicas galegas á cidadanía.