Clubs de lectura 2023-2024

Imaxe
05 de Setembro - 09 de Outubro 2023, 10:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

O día 13 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os  clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:

De xeito presencial o día 13 a partir das 9:00 h

A través de formulario a partir do día 14 ás 9:00 h ata o día 30 ás 21:00 h

Este ano contaremos con cinco clubs:

  • Galego : xoves alternos de 19 a 20 h.
  • Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.
  • Francés : martes alternos de 19 a 20 h
  • Voz de muller : luns alternos de 19 a 20 h.
  • Cómic: Un xoves ao mes

É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club.

Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro.

As inscricións son persoais. Con todo, cada usuario/a poderá anotar a un máximo de dúas persoas contándose a si mesmo.

A  participación no club conleva  a aceptación dunhas normas básicas.

 

Documentación