Deseño e impresión 3D

Imaxe
17 - 31 de Xullo 2023, 10:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Neste obradoiro á rapazada poderá introducirse tanto no deseño como na impresión 3D, non é preciso ter experiencia previa xa que se adquirirán os coñecementos necesarios para entender e usar o deseño 3D con diferentes finalidades. Nestes días os e as participantes aprenderán conceptos básicos de deseño de pezas ata a creación dun prototipo con impresora 3D.

 

-Data e hora: 17 a 31 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas

-Público destinatario: infantil e xuvenil de 9 a 16 anos

-Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 13 de xuño ás 9:00 horas