Exposición "A arte da tipografía"

Imaxe
23 de Abril - 01 de Xuño 2024, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Lugo

A tipografía é a arte e a técnica no manexo e na selección de tipos para crear traballos de impresión.

Durante séculos a tipografía converteuse no medio polo que a cultura escrita nos chega a través de sutís trazos e case imperceptibles variacións en liñas, tamaños, grosores e equilibrios.

Esas creacións artísticas consérvanse agochadas nos máis fermosos libros que saíron das prensas.

A imprenta pouco a pouco vai converterse nunha arte en por si. Son os seus estilos e son as súas formas as que van definir os primeiros tipos de letras utilizados polos impresores.

Conmemoración do Día do Libro, 23 de abril

Sala de exposicións da biblioteca