A historia en feminino

Imaxe
02 de Setembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo de Lisístrata

No marco de Os sábados, choiva de contos teremos o contacontos “A historia en feminino”, a visibilización de mulleres ao longo da historia.

Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia e que foron borradas da mesma.

Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.