Ludoteca infantil

Imaxe
03 de Xullo - 31 de Agosto 2023, 10:00 - 14:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Nenas e nenos de 4 a 12 anos

Os nenos contarán cun espazo socio-educativo infantil (ludoteca) no que experimentarán con xogos populares, cooperativos e predeportivos, guiados por dous monitores.

De luns a venres de 10 a 14 horas

20 prazas que se ocuparán por estrito orde de chegada.

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Secretaría Xeral de Igualdade, e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.